Rianxo
Curral Do Marques

Curral Do Marques

Ourolo 107, 15985, Rianxo, Spain

Carne • Queso • Brocheta • Mariscos


"Un resumo previo para os foráneos: Superb, to say the least. Product-focused cuisine (their menu varies according to seasons and offers a reasonable variety of dishes, from a Galician gourmet burguer to roasted octopus , tasty and flawless. They make the best apple crumble version I 've tasted in my whole life (I have a serious sweet tooth . Nice and professional staff, cozy atmosphere (a mix of shabby chic and traditional decor , and child-friendly (little playground, baby changing table . Really good value for money, from my experience. O Curral do Marqués é un lugar para repetir, si ou si: un ambiente enxebre-chic (ala! moi resultón, cun pequeno xardín e un parquiño onde ceibar ás feras ; unha carta diferente, centrada no produto (cousa boa e de tempada ; moi bo trato e servizo (sexas coñecido ou descoñecido , e a conto de todo o anterior, boa relación calidade-prezo, que iso tamén interesa sabelo. E cando parecía que xa estaba o cupo cheo de pros, vou e atopo un cambiador de bebés con coxín, toalliñas e todo. Aí xa entrei na éxtase parental. Volvendo ao tema da comida, recomendo todo o que probei (hai que ter en conta que a carta vai mudando : a Cangre-Burguer, galega e gourmet; o pan bao con carrillera (descúlpenme os normativos de porco, que se desfacía na boca; o solombo de vaca vella ao punto puntísimo, o polbo á tixola, e as croquetas de choco e ibéricas nivel de autor : nunca probei cousa igual, sen peloteos. Como son de dente fino para o doce, a sobremesa merece mención aparte. Probei un crumble de mazá con xeado de abelá literalmente perfecto: a mazá melosa e quentiña no fondo da cunca, o crumble crocante e areoso por riba, e para coroar, o xeado mantecoso, suave, sen un só cristal. Todo co punto xusto de dozura, respectando o sabor de cada cousa. Para facerlle a onda ao cociñeiro. Aquí conclúo, e deixo documentación gráfica que fala por si soa."