"Estuven un par de veces fai tempo con amigas e tiña bo recordo, pero volvín o 14 de maio coa miña familia e pareceume que a relación calidade-precio empeorou, pero o que máis me chamou a atención foi unha ración de 180gr de mexilón por 10€. Comenteillo ó camareiro, porque estaban cociñados de pena. Eran enaos e encima moi, moi pasados de cocción. A un de fóra igual lla colan, pero eu non lle poñería iso diante á ningún galego."