"É a primeira vez que escribo unha valoración, mais non me quedou outro remedio xa que este local o merece e por moito. O persoal un 10/10, e a comida outro tanto do mesmo, uns sabores incríbeis que só atopei neste local e o prezo por cantidade e calidade é estupendo, ademais de que ten opcións vexetarianas, o cal é de agradecer e moito. Mais non só iso, senón que o ambiente en si do local é xenial, unha música non moi alta e con moi bo gusto. Un local ao que vir moitas veces, sen dúbida dos mellores de Santiago."