"Fumos a cear o outro día ao Entrepedras, encargamos o arroz que queriamos tomar para axilizar o tempo de espera, tal e como nos aconsellou a rapaza ao reservar. Todo o que tomamos estaba delicioso, boa relación calidade-prezo. Por outra parte, o servizo foi moi agradable, así como o ambiente do local. Aconsello que ao reservar indiquedes se sodes vegan ou vexetas, así tamén vos darán máis opcións"